Os comerciantes do Carballiño sortean hoxe o premio de 6.000 euros do Nadal

A casualidade fixo que entre as rifas distribuidas pola Asociación de Comerciantes do Carballiño na súa campaña de Nadal non estivese a correspondente ó primeiro premio da Lotería do Neno -o número 87.657-, cuxo posuidor recibiría 6.000 euros ó longo dun ano. Así, os comerciantes vense na obriga de facer un sorteo para decidir un gañador entre os compradores que si teñen no seu poder os números dos terceiros premios da lotería.
O presidente da asociación, Adolfo Nogueira, lembra que ’nas bases da campaña xa se contemplaba esta posibilidade, ademais tendo en conta que a rifa co segundo premio -o número 71.098tampouco se entregou a ningún cliente’. Deste xeito, o sorteo efectuarase hoxe ás 13,00 horas e será retrasmitido en directo pola emisora Cope Carballiño, no dial 91.9 da FM.

Adolfo Nogueira fai unha boa valoración da campaña de promoción de compras, ’na que participaron máis dun cento de establecementos, que repartiron 75.000 rifas ós seus clientes entre decembro e xaneiro’. Tamén destaca o atractivo do premio, ’un soldo de 500 euros ó mes ó longo de 12 meses, que nós publicitamos coma unha hipoteca gratis durante ano’.

Te puede interesar