SORTEO

Os comerciantes de O Carballiño sortean premios pola celebración de San Valentín

Para participar neste sorteo, haberá que cubrir unha papeleta que estará á disposición da clientela nos comercios e locais hostaleiros adheridos ao CCA

O Centro Comercial Aberto do Carballiño comezou onte a campaña de promoción das vendas no comercio local co gallo da festividade de San Valentín. Obsequiará a catro parellas cunha estancia dunha fin de semana no Talaso Atlántico de Baiona e tres ceas en calquera dos restaurantes do Carballiño asociados, se resultan gañadoras do sorteo que se celebrará, precisamente, o 14 de febreiro ás 20,30 horas.

Para participar neste sorteo, haberá que cubrir unha papeleta que estará á disposición da clientela nos comercios e locais hostaleiros adheridos ao CCA e depositalas nunha urna que se instalará na rúa do Paseo, preto do cruce coa rua Conde Vallellano. Esta campaña leva por lema “Namórate no Carballiño”.
O presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga, considera que se trata dunha campaña sinxela pero efectiva, intentando promover a dinamización do comercio e da restauración local con catro premios para disfrutalos en parella.

O concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, resaltou o dinamismo do comercio local e o importante papel que desenvolve o Centro Comercial Aberto como entidade aglutinadora dos asociados, polo que deu a noraboa a todos. Tamén adiantou que o Concello ten previsto algúns proxectos de interese para o sector comercial durante este ano, que se darán a coñecer en próximas datas. 

Te puede interesar