Os comerciantes sortearán 3.000 euros no vindeiro Nadal

A Asociación de Comerciantes e o Centro Comercial Aberto (CCA)do Carballiño promocionarán os seus establecementos no vindeiro Nadal co reparto de 3.000 euros en vales de compra, dentro da campaña 'Ilusiónate con nós!'. Así, cada un dos 90 locais integrados no CCA distribuirá entre os seus clientes un total de 500 boletos nos que figuran dous números, que recibirán premio se coinciden cos primeiros do sorteo de Lotería de Reis do 6 de xaneiro.
Deste xeito, o número que coincida co 'gordo' terá 1.500 euros en vales de compra e 900 euros o segundo. Asemade, entregaranse outros 12 premios de 50 euros para os números que sexan iguais ós terceiros da Lotería Nacional. O voceiro dos comerciantes, Manuel Blanco, suliñou que 'nestes tempos de crise económica, o comercio local ten que ser optimista e xogar a baza de incentivar o consumo', nesta campaña que dispón dun orzamento de 6.500 euros.


COLABORACIÓNS

Os clientes poderán solicitar os boletos dende hoxe e ata o 5 de xaneiro nos 90 establecementos ó facer unha compra mínima de 20 euros, e os galardonados disporán de prazo ata o 31 do mesmo mes para canxealos polos vales e mercar no Centro Comercial Aberto os productos que desexen durante un máximo de tres meses. Na campaña colaboran o Concello do Carballiño, Deputación, Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios de Ourense, Novacaixagalicia e a Xunta.

Te puede interesar