Comeza a obra de reforma das rúas Caravel e Loureiro do Carballiño

Las obras detienen la circulación en la avenida de Portugal durante 5 días. LR
photo_camera Obras
As obras para poñer fin as deficiencias das rúas Caravel e Loureiro, emprazadas no Barrio de Flores do Carballiño, comezaron nestes últimos días

A actuación, que conta cun orzamento que supera os 150.000 euros, prevé o acondicionamento dos pavimentos e a renovación das redes de abastecemento e saneamento destas dúas rúas do casco urbano do Carballiño, que se atopaban moi deterioradas por tratarse de tramos antigos de fibrocemento no caso da auga e de formigón no caso do alcantarillado.

O proxecto tamén contempla a canalización de augas pluviais. Posteriormente, repoñeranse as bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas.

Estas obras execútanse no marco do plan de reparacións de infraestruturas viarias que se estende por todo o municipio, coas que o executivo local persegue poñer fin ás deficiencias.

Te puede interesar