CARBALLIÑO

O Concello carballiñés recupera 50 lavadoiros e fontes nas parroquias

<p></p>
photo_camera Unha das fontes e lavadorios recuperados.

O programa inclúe tamén o arranxo de zonas de uso común, como poden ser as prazas e os campos da festa

A Concellería de Medio Rural do Carballiño está procedendo á limpeza e arranxo de medio cento de fontes e lavadoiros, así como doutros elementos do patrimonio etnográfico, das 24 parroquias do municipio do Carballiño. Esta campaña de recuperación e posta en valor da zona rural tamén inclúe o desbroce e limpeza de diversas zonas de uso común das aldeas, como prazas e campos de festa.

Desde que comezou esta campaña, a comezos do pasado mes de maio, xa se realizaron un gran número de traballos, e espérase concluir antes de que remate o plan de emprego, mediante un programa de colaboración social co INEM, que permitiu contratar a catro persoas, tres albaneis e un peón forestal por tres meses.

Trátase de recuperar o medio rural e poñer en valor o seu patrimonio etnográfico, centrado sobre todo naqueles elementos que son de uso común e que se atopan en peor estado.

As aldeas nos que xa se realizaron os traballos son das parroquias de Seoane, Cabanelas, Sagra, Partovia, O Torrón e Madarnás. Neste intre estase procedendo ao arranxo e limpeza das fontes e pobos da Piteira, e despois proseguirase por Longoseiros, Señorín e Santa Uxía. O pasado ano tamén se levou a cabo outro plan semellante, rehabilitándose fontes e lavadoiros. 

Te puede interesar