RECICLAJE

O Concello inicia unha campaña para o bo uso do punto limpo

A Concellería de Medio Ambiente informa que hai que avisar para deixar os residuos á beira dos contenedores

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño pon en marcha unha campaña de sensibilización cidadá para mellorar o uso do punto limpo. Trátase de promover unha boa práctica na utilización desta instalación municipal, que gestiona a Deputación provincial, na que se deben depositar os residuos especiais e voluminosos que non poden botarse nos contenedores da rúa. 

Esta campaña, que se desenvolve co lema "O Carballiño, vila limpa e sostible. Depende de ti", é a continuación doutra levada a cabo na primavera basada no uso correcto dos contenedores. 

A través de charlas, folletos e diverso material de difusión, a concellería que coordina Érika Paz, pretende informar e concienciar á poboación sobre as posibilidades deste servizo municipal, que é gratuito, e que está acondicionado para albergar obxectos domésticos inservibles como  mobles, colchóns, electrodomésticos e similares, ademais de residuos perigosos do fogar como aerosoles, fluorescentes, disolventes, pinturas, entre outros. 

O punto limpo, que se atopa na estrada do Carballiño a Cea, fronte ao matadoiro, está operativo de luns a venres, en horario de 10,00 a 14,00 horas, pero tamén permite que ese tipo de obxectos se depositen á beira dos contenedores da rúa calquera xoves non festivo, chamando previamente ao teléfono 662199635 para dar aviso de que se recollan.

Te puede interesar