O Concello limpará as marxes das estradas contra incendios

Maleza na estrada de As Lámparas, en Carballiño.
photo_camera Maleza na estrada de As Lámparas, en Carballiño.
a partir do próximo mes, comezará a limpeza das marxes das estradas daqueles núcleos rurais que presenten maior perigo

O Concello do Carballiño asinou un convenio ca empresa pública de servizos agrarios SEAGA para a elaboración do Plan de Incendios e o establecemento dun sistema de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de franxas secundarias de xestión de biomasa.

Así, a partir do próximo mes, comezará a limpeza das marxes das estradas daqueles núcleos rurais que presenten maior perigo, sendo prioritarios os que teñen unha soa entrada e saída.

A concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, sinala, entre outros, os seguintes tramos: Varille - Montegrande - As Caldas, As Lámparas - Sagra-A Fraga, Pena Cobertoira - Bouteiro, Seoane - Mouriz, Saa -  

A Granxa - A Lama - Pol e a entrada a San Félix de Barón. Tamén recorda o valor de levar a cabo accións na eliminación desta masa forestal para previr a propagación dos lumes e facilitar a actuación contra os mesmos establecendo liñas de defensa.  Rosa Fuentes fai un chamamento "á sensibilidade e participación cidadá na prevención e loita contra os incendios forestais, que por unha banda poñen en risco ás persoas, pero tamén, por outra, ao noso patrimonio natural".

Ademais, o Concello publicará un bando para avisar con antelación do prazo do que dispoñen os propietarios para a talla das árbores afectadas pola franxa de seguridade marcada no plan de incendios . No caso de que non se efectúe dita talla, será SEAGA a que a realice e retire a madeira, co fin de que non quede combustible.

Te puede interesar