TRANSPORTE

Concentración de coches de alta gama valorados en sete millóns

Mercedes, Ferrari, Porche, Audi, BMW, Nissan, Mustang, Lotus e outras marcas de prestixio, tanto de modelos actuais como de clásicos, estarán representadas nesta concentración, que comezará ás 10 da mañá

O Carballiño converterase este sábado nun auténtico escaparate de coches de alta cilindrada e gama. Inscribíronse 70 coches, cuxo prezo total supera os 7 millóns de euros. Poderanse ver vehículos de ata 300.000 euros e, en xeral, poucos costan menos de 100.000 euros.

Mercedes, Ferrari, Porche, Audi, BMW, Nissan, Mustang, Lotus e outras marcas de prestixio, tanto de modelos actuais como de clásicos, estarán representadas nesta concentración, que comezará ás 10 da mañá, na Praza Maior. Por este motivo, parte das rúas Aldara e Cesáreo Tizónl permanecerán pechadas ao tráfico durante todo o día. O programa inclúe unha ruta ás 12,00 horas; ás 14,30 horas, un xantar nunha carpa que se instalará na Praza Maior; e pola noite, ás 23,00 horas, haberá un concerto de jazz do grupo Alfonso Medela Trío.

Te puede interesar