Concurso de relatos contra a violencia de xénero, en Piñor

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Concello de Piñor pon en marcha unha serie de actividades destinadas a fomentar a concienciación da poboación con esta problemática social e a sensibilización, promovendo así a loita contra esta lacra. Por unha banda, e por segundo ano consecutivo, lévase a cabo o 'II Concurso de mini-relatos infantís contra a violencia de xénero'. Poderán participar nel cativos que cursen dende quinto de Primaria a cuarto da ESO.
Outras actividades que se ofrecen son un Obradoiro de Orientación Laboral e a presentación do Programa Clara, financiado polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller en colaboración coas entidades locais, que pretende a inserción laboral das mulleres mediante a motivación e a formación.

Te puede interesar