O Conservatorio de Carballiño impulsa as clases para crear unha banda

Conservatorio Profesional de Música do Carballiño
photo_camera Conservatorio Profesional de Música do Carballiño
O Conservatorio e Escola de Música do Carballiño comeza este curso cun novo proxecto educativo

O Conservatorio e Escola de Música do Carballiño impulsa a Banda Infantil do Conservatorio e Escola de Música do Carballiño, que ten como obxectivo iniciar ao alumnado no apaixonante mundo das bandas de música.

Organizaranse, ao longo do curso, diferentes actividades en forma de  audicións e concertos e os ensaios serán todos os venres de 17,00 ás 18,00 horas.

O director da Banda Infantil será o profesor de vento metal Carlos Cortés, licenciado no Conservatorio Superior de Música de Madrid, é un profesional cunha ampla experiencia en orquestra e banda, tocando con algunha das orquestras sinfónicas máis importantes de España como son a Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Madrid, Orquesta Sinfónica de Málaga ou a Orquesta Sinfónica de Bilbao, entre outras.

Te puede interesar