O Carballiño

Contos, xogos e cantigas no anfiteatro da Veracruz

O Carballiño

Contos, xogos e cantigas no anfiteatro da Veracruz

Está previsto para as 20,00 horas, no anfiteatro da Praza da Veracruz.

 A Concellería de Educación do Carballiño, a través do programa Apego, presenta hoxe a actividade "Contos a pé de rúa", de interese para asistir en familia, e que se desenvolverá con aforo limitado e cumprindo todas as medidas de seguridade e prevención polo covid-19. Está previsto para as 20,00 horas, no anfiteatro da Praza da Veracruz.

Así, o recinto estará vallado e desinfectado, haberá hidroxel para as mans e deberanse usar máscaras. 

Trátase de "Contos a pé de rúa" que representa a compañía A Trastenda dos Contos, e que ten unha duración de 60 minutos. É unha actividade participativa na que a Trastenda dos Contos saca os bártulos á rúa e monta o seu particular mercadillo dos contos cun espectáculo idóneo para o público familiar. 

Un persoaxe moi particular, un barrendeiro municipal, chegará á praza para acometer a súa función pública co mellor dos ánimos. Ante a contrariedade de atopar a praza chea de xente colga durante un intre a súa escoba de xestas e disponse a compartir historias, xogos e cantigas coas que fará participar activamente ao público presente.

Caxoto Contacontos seleccionará entre o seu amplo repertorio de contos aqueles que máis se axeiten ao público e ao lugar intercalando entre medias xogos e cantigas coas que involucrar a toda a familia.

Esta actividade forma parte da programación cultural que ofrece o Concello do Carballiño para os meses de xullo e agosto, e no que se ten moi en conta ao público infantil e familiar. Así, para mañá, ás 21,30 horas, na explanada do Parque municipal, Mar Rojo Teatro representará "Azul e a revolución das cores".

Más en O Carballiño