LITERATURA

Corenta e catro obras concorren ao Premio Antón Losada Diéguez

20170201191712551_result
photo_camera Entrega do premio de 2016.

Presentáronse un total 31 libros. entre novelas e poemarios, e trece obras de ensaio e investigación

Un total de 44 publicacións concorren ao XXXII Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria e Investigación e Ensaio. Trátase dunha das maiores participacións dos últimos anos deste premio que promoven os concellos do Carballiño e Boborás, coa colaboración da Deputación provincial de Ourense.

No apartado de Creación Literaria presentáronse 31 libros, entre novelas e poemarios, dos cales a maioría son obras editadas por Xerais (10), Galaxia (9) e Urco (5). No apartado de Investigación e Ensaio presentáronse 13 obras, sendo editadas a maioría por Xerais (9).

O Premio Antón Losada Diéguez está dotado con 12.000 euros, 6.000 euros para cada modalidade, o que o distingue como un dos galardóns literarios e de investigación máis prezados de Galicia.

O fallo dos premios terá lugar o día 22 do próximo mes de abril no Concello do Carballiño, que este ano é o anfitrión, e a entrega realizarase no transcurso dun acto que se desenvolverá, como é tradicional, no Pazo dos Losada en Moldes, o 10 de xuño. 

Te puede interesar