Creación dunha asociación de amigos para xestionar o Parque

Árbores taladas na Residencia de Tempo Libre. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A brigada de Medio Ambiente do Concello do Carballiño procedeu na mañá de onte á preparación do terreo para a plantación de árbores frutais no Parque municipal, naquelas zonas de menos
densidade arbórea despois da tala de piñeiros efectuada recentemente.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, apuntou que 'en dias vindeiros escomenzará a reforestación con especies autóctonas que complementen o arborado de considerable tamaño que xa agromaba entre os piñeiros'. Estos traballos están encadradados dentro do plan de remodelación do Parque municipal do Carballiño, acordado hai 15 anos polos grupos políticos da Corporación e asociacións veciñais e ecoloxistas.


INICIATIVAS

'Iste programa estase a executar por fases para conquerir unha renovación da paraxe natural, de xeito que dende a concellería de Medio Ambiente imos promover a creación dunha Asociación de Amigos do Parque', adianta Bernardo García. O novo colectivo encargaríase de aportar iniciativas para a conservación do mesmo e de recabar fondos para a contratación de dous operarios de manteñemento, que terían a base operativa no Centro de Interpretación da Natureza que proximamente se inaugurará no antiguo inmoble coñecido como Casa do Peón, ubicado na avenida residencial.

O Concello carballiñés iniciou o proceso de tala e poda hai dous meses na explanada do Parque, que afectou a unha ducia de eucaliptos. Por outra banda, a Consellería de Benestar tamén acometeu traballos similares nas árbores ubicadas na área recreativa da Residencia de Tempo Libre, a fin de prever danos no contorno.

Te puede interesar