A cría de porcos celtas vaise duplicar en Beariz

A entidade agraria Oural, que xestiona a explotación de cría de porco celta no monte comunal de Lebozán en Beariz, ten previsto un incremento na producción, para pasar dos 25 exemplares actuais que saen cada mes ós 50 a finais deste ano. José Balboa, voceiro dos criadores, suliña que 'agora estamos a ter unha demanda importante de carne nas cidades de Lugo, Santiago e A Coruña, e tamén comezamos a recibir solicitudes de restaurantes do Carballiño'.
O obxectivo dos socios de Oural é chegar ó sacrificio dunha media de 600 reses de porcino anuais, unha cifra que consideran 'óptima' para atender as peticións, que incluso xa chegaron de países como Xapón ou China. Os porcos de entre 15 e 20 kilos están saíndo a un prezo de venta de 150 euros, mentres os de máis peso, ó redor de 120 kilos, custan unha media de 500 euros.

Os criadores tamén iniciarán neste verán coa promoción do seu producto nas feiras e mercados de gando mensuais que hai en diferentes puntos de Galicia, coa distribución de lotes de carne envasada ó baleiro e chourizos elaborados con porco celta.

Te puede interesar