A organización do Festival do Teatro Galego manifestou a súa satisfacción pola asistencia de público

O diálogo con poemas de Teatro Nu

 Chévere estivo o pasado mertes no multifuncional coa obra ‘Testosterona’, coa que unha vez máis logrou sorprenden ó público carballiñés, coñecedor desta compañía dende os primeiros anos do festival, cando o organizaba Orballo. (Foto: Martiño Pinal)
A compañía Teatro Nu presenta hoxe no multifuncional o espectáculo ‘Coa palabra na lingua’, unha mezcla poética e musical, dirixida por Zé Paredes e interpretada por él mesmo xunto con Mónica Camaño e Anxo Graña. Por outra banda, a organización do Festival do Teatro Galego calificou de éxito a asistencia ás representacións.
A coordinadora do Festival do Teatro Galego no Carballiño, Josi Lage, mostrouse onte satisfeita e calificou de ‘éxito de público’ a asistencia ás primeiras representacións tanto no centro multifuncional coma na Praza Irmáns Prieto onde cada tarde se forman colas para utilizar os zancos, que pon a disposición da xente a compañía Zancalino.

Despois de Lagarta Lagarta e ‘O segredo dos Hosffman’, e de Chévere coa súa ‘Testosterona’, para hoxe está prevista ás 22.30 horas, no multifuncional, a posta en escea de ‘Coa palabra na lingua’ pola compañía Teatro Nu. O director e actor desta montaxe, Zé Paredes, manifestaba que con ela, ‘temos a intención de retomar a palabra como elemento central da actividade teatral’. Matizou, ademais, que se trata da construcción dun diálogo con poemas, ‘entremezclando as palabras e a música’.

Anxo Graña encargase de crear as distintas atmósferas musicais polas que ‘os poemas se convirten en diálogos e incluso en auténticos monólogos’, engadía a actriz Mónica Camaño. E referíndose a crise económica os compoñentes de Teatro Nu aproveitaron a presentación do seu espectáculo para agradecer e manifestar o seu recoñecemento ó esforzo da organización do festival, porque ‘coa crise o que máis se resinte son as facetas máis imprescindibles, aínda que non estou segura de poder prencindir do teatro’, manifestaba Camaño.

30.000 euros de presuposto

Os compoñentes de Teatro Nu aproveitaron a presentación de ‘Coa palabra na lingua’ para facer un chamamento ás institucións a fin de que colaboren coas mostras de teatro de Galicia. Josi Lage apuntou que o presuposto deste ano é de 30.000 euros e que conta co apoio da Xunta de Galicia (18.000 euros), Deputación (6.000), Concello do Carballiño (paga unha compañía e facilita a infraestructura) e Asociación de Comerciantes e Empresarios (500 euros). Ó acto asistiu o artesán carballiñés Chicho Carballido, que se fai cargo da escultura que recibirán os gañadores dos premios ó mellor actor, actriz, espectáculo e honorífico, que se otorga na súa primeira edición ó director Xulio Lago. Tamén asistiron o presentador da gala do próximo venres, César Cambeiro, que corroborou o chamamento ás institucións porque ‘algunhas mostras con historia estanse vendo perxudicadas e non se sabe si se poderán facer’, matizou. Josi Lage tamén presentaba a dous membros do xurado: Rita Freigenedo e Chus Pérez.

Te puede interesar