POLÍTICA

Espazo Común pide informes da recollida do lixo no Carballiño

Demandan unha copia do estudo económico no que se basean as declaracións públicas nas que se fala de 900.000 euros

O grupo municipal Espazo Común no Concello do Carballiño rexistrou tres escritos para solicitar información concreta e precisa sobre o anuncio feito polo alcalde, Francisco Fumega, da súa intención de encargarlle a unha empresa o servizo de recollida de lixo.

Concretamente demandan no primeiro escrito unha copia do estudo económico no que se basean as declaracións públicas nas que se fala de 900.000 euros e xa un número moi concreto de operarios e maquinaria.

Nun segundo escrito, pregunta Espazo Común se foi o departamento de Intervención quen elaborou dito estudo ou de non ser así, é dicir, se o fixo algunha empresa externa, que se emita canto antes unha valoración por parte dos servizos económicos municipais ao respecto. Por último, solicita datos sobre os pregos necesarios para este concurso e pregunta quen se encargou ou se encarga da súa confección e pide que se emita canto antes o preceptivo informe antes de poñer en marcha ningún procedemento.

Te puede interesar