Os estudantes mostran os seus experimentos á cidadanía

Auditorio al aire libre en la Praza da Veracruz (archivo)
photo_camera Praza da Veracruz (archivo)

O Concello do Carballiño instala unha carpa na Praza da Veracruz para que os estudantes dos dous institutos da vila, o Nº1 e o Chamoso Lamas, poidan mostrar hoxe os seus experimentos á cidadanía nunha Feira Científica. Os interesados poderán achegarse ao recinto, que se cambia a esta contorna polas previsións de choiva, en horario de 17,30 a 20,30 horas.

Esta será a última actividade das Xornadas pola Ciencia, organizadas polos institutos contando coa colaboración do Concello do Carballiño, que se desenvolveron esta semana e que xa contaron coas conferencias da química, investigadora e docente, Marga Vázquez González; do físico, investigador e Premio Nacional de Meteoroloxía, Miguel García Pérez, rematando onte coa charla do cardiólogo, docente e investigador, Eduardo Barge, sobre a investigación no Servicio Galego de Saúde.

Te puede interesar