A exaltación do pan de Cea vai xuntar 22 productos de calidade

Rodríguez, Valladares y Losada. (Foto: José Paz)
O Campo da Saleta acollerá o vindeiro domingo 4 de xullo a 'Festa de exaltación do pan de Cea', que chega a súa decimo novena edición na capitalidade deste municipio da comarca. Ademais, os 18 industriais dos fornos desta vila celebrarán tamén a declaración de 'interés turístico' para este evento, tra-lo acordo tomado pola Dirección Xeral de Turismo da Xunta.
Ó respecto, Carlos Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) deste producto, indicou que 'non cabe dúbida de que este recoñecemento repercutirá moi positivamente tanto na relevancia da cita gastronómica como na promoción do concello'.

Na xornada dominical, os visitantes (que a organización estima supere o número de 7.000) poderán coñecer un total de 22 productos con denominación de orixe, protexidos e de calidade de Galicia, que estarán expostos en casetas. Haberá dúas degustacións gratuitas de pan con chourizos, e un xantar popular amenizado por pandereteiras e charangas. O pregón correrá a cargo de Moncho Borrajo, artista de Baños de Molgas.

Te puede interesar