XORNADAS

Expertos inciden en Carballiño en poñer en valor o patrimonio da comarca

uploaded_clausura_result
photo_camera Participantes na xornada.

Señalan que se non se protexe o mundo rural, acabará por "desaparecer".

No transcurso da última xornada do congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas adquiriu protagonismo o labor da posta en valor do patrimonio histórico-artístico das comarcas do Carballiño e O Ribeiro e de Galicia en xeral, que figura dende hai máis de vinte anos como un dos obxectivos centrais deste colectivo de investigadores.

En concreto, esta foi a cuestión que subliñou o profesor da Universidade de Vigo, adscrito ao Campus de Ourense, Germán Torres de Aboal, ao comezo da súa exposición sobre o tema “Manuel Chamoso Lamas/Xosé Filgueira Valverde. Interese común pola defensa do Patrimonio Histórico e Monumental de Galicia”. Este investigador destacou a importancia da posta en valor do mundo rural que leva a cabo o Centro de Estudios Chamoso Lamas desde a súa creación, asegurando que se non se protexe o mundo rural, acabará por desaparecer.

Tamén se pode circunscribir a esta tese o informe pormenorizado dos efectos devastadores do incendio no Coto Molín (Brués), en setembro do ano 2016, que destruiu unha gran extensión de recursos naturais (flora e fauna), así como arqueolóxicos (mámoas). Unha destrución que se produciu tanto durante o incendio, como na súa extinción e tamén con posterioridade. O mestre e naturalista Juan José Álvarez, o arqueólogo Jorge Lamas, o biólogo Diego Reboredo Prado e o historiador Xosé Luis Sobrado, presentaron unhas conclusións desalentadoras sobre este suceso, do que se cumpre o segundo aniversario.

Tamén interviñeron nesta última xornada o Juan Ignacio García, Carlos Rodríguez, Eladio Munín ou Adolfo Otero e Rafael Castillo.

Te puede interesar