A feira anual da 'Pepa Loba' incluirá unha mostra artesá

O casco histórico de Flores, no Carballiño, acollerá entre os días 14 e 16 de setembro a feira de artesanía da 'Pepa Loba', coa que os veciños deste barrio rememoran as andanzas desta bandoleira do século XIX e os oficios da mesma época. Deste xeito, a Asociación de Artesáns de Ourense tamén presta a súa colaboración neste evento que cumpre as 19 edicións, e que está promovido pola asociación cultural Pepa Loba e a costureira Rosa Núñez.
O formato previsto pola organización non variará con respecto a edicións anteriores, xa que se instalarán mostradores de tres por dous metros para cada expositor, que tan só deberá abonar un prezo de cinco euros, que tamén dan dereito ó xantar da última xornada. Unha feira que atrae a artesáns das catro provincias galegas e de Portugal, para amosar as labores de ebanistería, curtidos, alfarería, postres, xoias e vestiario, entre outras especialidades.

Te puede interesar