Os veciños desta parroquia de Boborás aportaron 200.000 euros nos últimos 12 anos

Os feligreses do Regueiro estrean igrexa cunha festa

La iglesia parroquial de O Regueiro.
A nova igrexa parroquial do Regueiro, no municipio de Boborás, vai ser inaugurada o vindeiro día 10 de xullo, coincidindo coa tradicional celebración da festa de San Sadurniño, pasados 12 anos dende que un grupo de veciños ideara o proxecto. 'O edificio xa está rematado e só faltan por colocar as portas, novos bancos de madeira e o sagrario', indicou Avelino Prado, un dos promotores.
A intención do máis do cento de feligreses era abrir o novo templo ó culto o día 29 de xuño, aproveitando que é a festividade do patrón do Regueiro, San Pedro, pero non será posible polo falta do mobiliario citado. Foi precisamente no ano 2000 cando os veciños comezaron a idear a edificación da igrexa, xa que a antiga, construida a finais dos anos 60 do pasado século, 'tiña problemas de filtracións de auga cando chovía e as paredes estaban con grietas', suliña Avelino Prado, tamén concelleiro do equipo de goberno de Boborás.

Dende aquela época ata agora, os feligreses residentes e os emigrantes (a maioría traballa en México), aportaron unha cantidade aproximada de 200.000 euros, que foi destinada íntegramente ás obras da igrexa, que só conserva o campanario da que foi demolida no mesmo lugar. Avelino Prado adianta que 'o bispo da Diócese de Ourense, monseñor Leonardo Lemos, será o que presida os oficios litúrxicos do San Sadurniño'. Unha festa á que están convidados tódolos veciños desta parroquia, con nove núcleos de poboación de tres municipios disitintos: Beariz, Boborás e O Irixo.

Te puede interesar