O CARBALLIÑO

A Festa da Palabra lembra a Pura e Dora Vázquez

<p></p>
photo_camera Celebración da Festa da Palabra na Insua dos Poetas, no 2015.

A Fundación Insua dos Poetas entrega esta tarde os seus premios anuais 

A Fundación Insua dos Poetas entregará esta tarde os seus premios anuais, mediante os que se recoñece o labor de persoas ou entidades, no transcurso da celebración da VIII Festa da Palabra. O acto desenvolverase na Insua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás do Concello do Carballiño.

A Festa da Palabra adícase este ano ás poetas ourensáns Pura e Dora Vázquez, e durante o acto descubrirase un grupo escultórico do que é autor o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, que será presentado polo artista Antón Lamazares.

No tocante á relación dos recoñecidos nesta oitava edición, o xurado decidiu otorgar o Premio Insua dos Poetas de Creación Literaria á narradora Inma López Silva; o Premio de Promoción da Cultura Galega no Exterior á Hermandad Gallega de Venezuela; o Premio Conservación do Patrimonio e do Medio Ambiente ao Centro de Estudios Chamoso Lamas; o Premio á Acción Económica e Social a prol da Cultura Galega, a Bodegas Cachín –en concreto ao seu promotor César Enríquez–; e o Premio ao Medio de Comunicación a Xan Fernández Pinal.

Durante o acto na Insua dosPoetas tamén se contará coas actuacións de Brañas Folk e da Real Banda de Gaitas da Deputación. Entre os asistentes á Festa da Palabra estarán o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, os conselleiros de Cultura e Medio Rural, Román Rodríguez e Ángeles Vázquez, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, ademáis de persoeiros do mundo da cultura.

Te puede interesar