A Festa do Pulpo acada o recoñecemento nacional

Felipe Senén López, Argimiro Marnote e Carmen Pardo, con carteis da exposición ó fondo. (Foto: M. P.)
O evento gastronómico máis importante de Galicia a nivel de participación, a Festa do Pulpo do Carballiño, acadou a súa declaración de 'interése turístico nacional', tra-la resolución do Ministerio de Economía de Industria. Iste recoñecemento a nivel estatal foi anunciado onte por Carmen Pardo, directora xeral de Turismo, nun acto desenrolado na vila do Arenteiro.
A cita, a primeira hora da mañá de onte, consistiu na inauguración dunha exposición que lembra os 50 anos de historia da Festa do Pulpo, cun total de 40 carteis que serviron para publicitala, e que foron elaborados polo profesor de debuxo Felipe Luis López, e, tra-lo seu pasamento, polo seu fillo, Felipe Senén, responsable técnico de Cultura na Deputación da Coruña.

Carmen Pardo indicou que 'a Festa do Pulpo convértese, a partires de agora, en embaixadora do xeodestino das comarcas do Carballiño e do Ribeiro', aludindo así o mapa deseñado pola Xunta para establecer os principais obxectivos de promoción de Galicia cara ós visitantes.

Te puede interesar