A Festa Venezolana une culturas no Carballiño

Nákary Agüero, Manuel Dacal e Diego Fernández.
photo_camera Nákary Agüero, Manuel Dacal e Diego Fernández.
A Praza Maior acolle gastronomía, xogos e música esta fin de semana

O Carballiño é un municipio acolledor e quedará demostrado, unha vez máis, esta fin de semana. O sábado e o domingo celebraráse a Festa Venezolana, cun amplo programa que incluirá gastronomía típica, música e ata un concurso de talentos para os máis pequenos da casa.

O Concello agradeceu a este colectivo de emigrantes a súa contribución á economía do pobo, favorecendo a convivencia entre culturas e enriquecendo a propia. O evento foi presentado onte no salón de plenos da Casa Consistorial polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o edil de Cultura, Diego Fernández, e a portavoz do colectivo venezolano, Nákary Agüero.

Dacal destacou a importancia deste colectivo para a vila. “O Concello ten a obriga de apoiar a súas iniciativas pola súa contribución a este pobo”, apuntou. Na mesma liña explicou Fernández o compromiso municipal cos venezolanos, “xa que grazas a eles volveron a abrir moitos negocios e aportaron man de obra ás empresas”. Engadíu que “O Carballiño será a capital de Venezuela en España esta fin de semana e demostraremos o ben que acollemos neste pobo”. Pola súa banda, Nákary Agüero destacou que o obxectivo da festa “é compartir a nosa cultura, respectando sempre a de aquí, amosando o mellor de ambas”.

A celebración comezará o sábado ás 12,00 horas na Praza Maior con música, venta de comida, inchables e entretemento para todos os públicos, e continuará cunha sesión de bailoterapia. Despois do xantar, ás 17,00 horas, haberá un concurso de talentos para os máis pequenos, seguido da actuación da cantante Selene e dun concerto de Anselmo Music Band. O domingo repetiráse o programa, se ben a partir das 19,00 horas haberá pilates e unha sesión musical co DJ Tibu.

Te puede interesar