O Festival de Teatro ofrece unha ducia de espectáculos

O Pazo Provincial acolleu a presentación da XXXIII edición do Festival de Teatro Galego “Celso Parada” (Fetega), que se celebrará do 6 ao 9 de setembro no Carballiño coa posta en escena dunha ducia de espectáculos e dúas importantes novidades: o carácter solidario do festival coa Asociación de Discapacitados Psíquicos das comarcas do Carballiño e Ribeiro (Aspadisi), que recibirá o 20% da recadación; e a colaboración da Fundación Insua dos Poetas, que acollerá no espazo da Esgueva a obra de clausura. 

A deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres, presidiu un acto ao que asistiron o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; o director do certame, Carlos Ledo; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; e o representante de Aspadisi, Manuel Amil. 

Patricia Torres sinalou que a Deputación “non dubidou en apoiar esta nova edición que ofrece un cartel de calidade que seguro espertará o interese do público”. Luis González Tosar anunciou que a Fundación Insua dos Poetas promoverá un premio “destinado a dramaturgos que elaboren proxectos teatrais galegos”.

Te puede interesar