A construcción de alcorques impedirá danos no paseo peatonal

Fomento decide manter os tilos á beira da N-541

Os tilos adornan o paseo de Renfe, na marxe da N-541. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, xunto co concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, mantiveron unha xuntanza con técnicos de Fomento co obxetivo de ultimar as obras de embelecemento da avenida 25 de Xullo, que corresponde ó tramo urbán da estrada N-541.
Un dos temas principais foi o tratamento das árbores (tilos) ubicadas nese paseo, que datan dos anos 50 do pasado século e que finalmente manteranse como elemento decorativo á petición das autoridades municipais. Os problemas que produxeron as raíces destas plantas na beirarrúa desta avenida, lindante coas instalacións de Renfe, serán solucionadas coa construcción duns alcorques máis grandes cos actuais. Ademais, operarios de xardinería procederán á poda destes tilos. n

Te puede interesar