MEDIO AMBIENTE

Unha fuga no encoro de Cabanelas dana unha pista

uploaded_fuga_result
photo_camera Fuga de auga nas instalacións do encoro de Cabanelas.

O sitio é de difícil acceso, porque se atopa no medio do monte, entre grande cantidade de carballos, piñeiros, mimosas e silvas.

O Concello de Boborás púxose en contacto coa compañía Gas Natural-Fenosa para que solucione una fuga de auga do encoro de Cabanelas (Carballiño), que por falta de mantemento da conducción de auga á central eléctrica, está vertendo na pista que vai de Paradela á Ponte do Castro (Concello de Boborás).

Unha boa parte do traxecto é subterráneo e foi onde aflorou por primeira vez, cerca de Paradela. O sitio é de difícil acceso, porque se atopa no medio do monte, entre grande cantidade de carballos, piñeiros, mimosas e silvas. Un veciño conseguiu desviala da pista, pero este inverno pasado apareceu un novo rego xusto por debaixo da conducción e a pista máis abaixo está feita un bulleiral.

Te puede interesar