O CARBALLIÑO

Fumega defende a legalidade das adxudicacións de obras públicas

O rexedor socialista saiu así ó paso das críticas do Partido Popular, nas que se acusaba ó equipo de goberno de contratar sempre a empresas de fóra, en detrimento das locais, en tres obras concretas.

As adxudicacións de obras realizadas neste ano polo Concello do Carballiño ceñíronse estrictamente ó marco legal, ademais de supoñer un aforro significativo de cartos para as arcas municipais, según asegurou o alcalde, Francisco Fumega. O rexedor socialista saiu así ó paso das críticas do Partido Popular, nas que se acusaba ó equipo de goberno de contratar sempre a empresas de fóra, en detrimento das locais, en tres obras concretas.

Fumega suliña, en referencia os traballos de construcción dun mirador sobre o Arenteiro, que está cofinanciado pola Xunta, que "fixemos tres propostas a Turismo e eleximos a máis barata, pasando dun gasto inicial de 49.000 euros a un final de 40.000". No caso da reposición do muro derrubado fronte ó Instituto de Señorín, "falouse con cinco empresas, e elexiuse a que presentou o orzamento máis baixo, 16.000 euros", indica o tamén responsable de Obras do Concello.

Finalmente, o alcalde destaca a urbanización da rúa Ben Cho Sei, que tiña un orzamento de 229.000 euros e na licitación participou un total de 38 empresas de toda Galicia. A comisión municipal encargada da selección adxudicou a execución do proxecto a unha constructora de Santiago por 146.000 euros, "polo que se aforraron 83.000", conclúe Fumega.

Te puede interesar