Galicia e Portugal crean a rede termal da Eurorrexión

<p></p>
photo_camera Representantes de concellos e balnearios, onte no hotel Arenteiro de Carballiño.

A captación de fondos europeos e a promoción conxunta son dous dos sete ámbitos de traballo.

O Carballiño acolleu onte unha reunión de alcaldes, concelleiros, técnicos e representantes de balnearios de Galicia e Norte de Portugal integrados no Eixo Atlántico, que acordaron a constitución dunha rede termal da Eurorrexión. Para elo crease unha comisión integrada por seis representantes do termalismo nos ámbitos público e privado que redactarán unha proposta e uns orzamentos, que serán abordados a fin de ano nunha segunda reunión que se celebrará en Chaves (Portugal). Neste novo encontro aprobaranse os fondos a repartir, xa que a nova rede estará integrada no programa de actividades do Eixo Atlántico, e as medidas que se tomarán, con vistas a empezar a funcionar antes de que remate o 2016 ou a principio do 2017.

O acordo foi comunicado polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, ao remate da reunión que se prolongou durante dúas horas, e que fora proposta polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. Mao manifestaba a súa satisfacción pola presenza de máis de 30 representantes e porque se acadaron acordos xa concretos para o desenvolvemento da nova rede termal, que vai a traballar en un total de sete ámbitos. Deste xeito, referiuse á área de sáude, dirixíndose a gobernos e facultades para integrar o termalismo no programa de saúde, tendo en conta as súas características preventivas e tamén terapeuticas; traballar ademais no ámbito académico, sobre todo na investigación ligada á saúde; na promoción conxunta; nun programa de fidelización dos visitantes en base aos sete millóns de cidadáns que residen nos lugares do Eixo Atlántico; na captación de programas e fondos europeos; na formación especializada e de servizos hostaleiros e na visibilidade dos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais.

O presidente da cámara municipal de Chaves e presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, referíuse ao enorme potencial termal que representa a Eurorrexión en canto á cantidade, calidade e diversidade das augas.

Francisco Fumega agradeceu a asistencia a esta reunión, na que únicamente faltaron o alcalde de Mondaríz e a alcaldesa de Lugo, por problemas de axenda relacionados coa campaña electoral, pero que contou coa presencia de representantes de 12 concellos e 17 balnearios e termas de Galicia e norte de Portugal, así como do xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, e do secretario xeral do Eixo Atlántico e técnicos deste organismo. Asemade, acudiron alcaldes de vilas que non están integradas no Eixo Atlántico pero que contan con balnearios dunha gran sona, como é o caso do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.

Participaron Lobios, Ourense, Ribadavia, Caldas de Reis e Verín, Santa María da Feira, Guimaraes, Chaves, Vidago, Resende, Melgado e Santo Tirso. Por parte das instalacións termais asistiron Lobios, Laias, Mondaríz, Lugo, A Chavasqueira, Outariz, Presigueiro, Verín, Sao Jorge, Taipas, Chaves, Pedras Salgadas, Vidago, Caldas de Aregos, Melgado e Caldas-Santo Tirso e os dous do Carballiño.

O POLBO, O TERMALISMO E A VERACRUZ

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, destacou tres potencialidades do Carballiño. O polbo, como referente mundial da gastronomía, e en segundo lugar o termalismo, que aínda que decaeu nos últimos anos, vai agora por bo camiño para a súa recuperación, e finalmente nombrou a obra de Antonio Palacios, A Veracruz. "Carballiño desenvolvéndose a través destas tres ideas aporta crecemento a Eurorrexión",  sinalou, insistindo na importancia da gastronomía, a historia, o patrimonio e o termalismo para o turismo.

Te puede interesar