Gargallada Teatro presenta “A abraiante vida de Braian'

Mañá domingo, 25 de setembro, ás 19,00 horas, no auditorio do Carballiño, continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado. Comezou coa exitosa estrea o pasado domingo da obra 'Gatipedro' do grupo local Tiruleque, organizador do festival, e segue con Gargallada Teatro que presenta 'A abraiante vida de Braian'.
Un neno nado nun portal de Nazaret converterase no mozo que loitará para liberar o seu pobo da opresión imperialista. Trátase dunha comedia histórico-relixiosa con unha mensaxe moi actual chea de humor,personaxes e chamativos decorados. O 2 de outubro actuará Artías Teatro, que porá en escea 'Oito mulleres'.

Te puede interesar