Cultura

Homenaxe o sábado na Insua dos Poetas a Lorca

Público nunha das últimas actividades levadas a cabo na Insua dos Poetas.
photo_camera Público nunha das últimas actividades levadas a cabo na Insua dos Poetas.
A Festa da Palabra está dedicada aos poemas en galego do granadino

A Festa da Palabra, este ano dedicada aos seis poemas en galego de Federico García Lorca, volve á Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, este próximo sábado a partir do mediodía. Alí acudirán os premiados desta nova edición que recibirán unha peza escultórica do artista ourensán Acisclo Manzano. Yolanda Castaño recibe o galardón de Literatura; en Artes Plásticas, a título póstumo, concedeuselle a Vidal Souto; no apartado de Música é o Orfeón do Carballiño; en Comunicación o recoñecemento é para Maribel Outeiriño (La Región); en Emprendemento, Marisol Novoa; de Iniciativa Social o premio é para a Fundación Amaranta-Ourense, e o de Cultura na emigración otórgaselle a Diego Martínez Duro.

O mantedor do acto será Xesús Alonso Montero e durante o mesmo será presentado un facsimil coa reprodución dos seis orixinais manuscritos e a reportaxe fotográfica da visita de Blanco-Amor ao autor granadino. Tamén haberá intervencións do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; do presidente da Deputación, Manuel Baltar, e do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Ademais, os asistentes procederán a inaugurar una nova escultura que é de Soledad Penalta, e leva o nome de Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Teo Cardalda musicará os seis poemas, e tamén actuará o Orfeón do Carballiño e a Banda da Loba.

A Festa da Palabra está organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Insua dos Poetas, coa colaboración da Consellería de Cultura, Concello do Carballiño, Inorde, La Región, Coren, Estrella Galicia, Augas de Cabreiroá e a Denominación Pan de Cea.

Te puede interesar