Os hosteleiros retomarán as sesións de tapas en novembro

O concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, convocará ós propietarios do sector de hostelería para perfilar a segunda edición do programa 'Tapas temáticas', que nas últimas fines de semana de cada mes estarán dedicadas a unha especialidade gastronómica galega e do resto do Estado.
O edil socialista sinala que 'na xuntanza que manteremos na vindeira semana fixaranse as datas de comezo desta actividade para os días 26 e 27 de novembro, tal e como xa se acordara antes do verán cos 14 locais participantes'.

Nese mes, a elaboración das tapas estará centrada en productos desta tempada, coma son os cogumelos e as castañas, para logo pasar á celebración da mata do porco, sempre co sorteo dun xantar para os clientes.

Te puede interesar