O IES Chamoso Lamas celebrou un encontro de emprendedores

O IES Manuel Chamoso Lamas acolleu onte o 1º Encontro de Emprendedores organizado polo departamento de Administrativo e que contou coa colaboración do Concello de Carballiño. 

Asistiron a este encontro varios emprendedores da comarca de distintas familias profesionais, a maioría delas relacionadas cos ciclos que se imparten no IES Chamoso Lamas, e que lle transmitiron ao alumnado de Ciclos e 1º de Bacharelato as distintas experiencias que tiveron para poñer en marcha os seus negocios. Todos eles coincidiron en que é fundamental unha boa formación profesional para acadar o éxito.

Dende o Concello se lles informou dos pasos que se deben dar para poñer en marcha o negocio e tamén as axudas ás que poden optar. Tamén estivo presente a fundación Estanislao Reverter que presentou o seu coche remodelado “Alpinche”.

Te puede interesar