CITA GASTRONÓMICA

Inicio do expediente para declarar a Festa do Pulpo de Interés Internacional

festa_pulpo_result
photo_camera Tapa xigante elaborada durante a última edición da Festa do Pulpo do Carballiño.

O Concello, convencido de que cumple todos os requisitos que se esixen

O goberno socialista do Carballiño levará ao próximo pleno unha iniciativa para comezar o expediente de solicitude de declaración da Festa do Pulpo como Festa de Interese Turístico Internacional. Un dos requisitos que se esixen para que se leve a cabo esta declaración é a aprobación da proposta en sesión plenaria. Por iste motivo, presentarase unha moción, que se consensuará con todos os grupos políticos municipais, de xeito que poida ser aprobada por unanimidade.

O Concello carballiñés está a colaborar coa Dirección Xeral de Turismo da Xunta no cometido de lograr este recoñecemento internacional que concede a Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria. Esta colaboración é imprescindible non só para lograr o informe favorable da comunidade autónoma, senón que resulta esencial para acadar algunhas das esixencias que se piden, como é a publicación de noticias e reportaxes alusivos á festa nos medios de comunicación estranxeiros.

A declaración de Festa de Interese Turístico Internacional é unha distinción honorífica que se concede a determinadas festas que supoñan manifestacións culturais e de tradición popular, con especial consideración ás súas características etnolóxicas e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.

O Concello carballiñés está convencido de que a Festa do Pulpo cumple todos os requisitos esixidos polo Ministerio, entre os que figura a antiguidade e continuidade no tempo, arraigo popular e participación, orixinalidade e diversidade, repercusión en medios internacionais ou dispoñer de aloxamentos e servizos turísticos adecuados.

Te puede interesar