O Instituto publica o primeiro boletín do seu Xardín Botánico

photo_camera Xulio Álvarez, Diego Reboredo e Manuel Amil (XESÚS FARIÑAS)

O Instituto Nº1 do Carballiño celebra o 25 aniversario da creación do seu Xardín Botánico, que ocupa 6.000 metros cuadrados e conta con 60 especies leñosas, no entorno do centro. Coincide tamén co mes adicado a Medio Ambiente, e por elo o Departamento deCiencias Naturais presentaba onte o caderno de traballo Andaina Medioambiental pola Ruta das Árbores do Parque Municipal do Carballiño; un segundo caderno de traballo Xardín Botánico do IES Nº1 do Carballiño e o primeiro número do Boletín Mensual do Xardín Botánico.

O director do centro, Manuel Amil Otero, presentaba tamén ós dous artífices destas iniciativas, que son Xulio Álvarez Crespo, biólogo xefe do departamento de Ciencias Naturais, e Diego Reboredo Prado, biólogo e ilustrador, que colabora co instituto, e que é o autor da guía de árbores do Parque Municipal do Carballiño.

Esa guía conducirá ós alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato, contando tamén co Instituto Chamoso Lamas, por esa ruta botánica que ten por finalidade o estudo das árbores.

En canto ó caderno do Xardín Botánico ofrece, entre outros conceptos, consellos útiles para identificar as especies. Finalmente, o boletín mensual recollerá traballos dos alumnos e abordará temáticas somo as plantas invasoras, a micoloxía, especies senlleiras da comarca, entre outras de interés xeral.

Tanto os cadernos como o boletín serán remitidos de forma gratuita ós colexios da comarca, entidades culturais e librerías.

Te puede interesar