Magostos

A Insua dos Poetas acolle un magosto cultural e lúdico

Ademais da degustación dos produtos típicos da festa, haberá actuacións musicais e xogos infantís

A Fundación Insua do Poetas celebra mañá, 14 de novembro, un magosto infantil no espazo natural e cultural da Esgueva (Madarnás, O Carballiño), que tamén servirá para achegar aos máis novos á lingua propia e, sobre todo, a conmemoración do 101 aniversario da publicación do primeiro número da revista Nós.

A tradicional festa do San Martiño comezará ás 16,30 horas e incluirá actuacións musicais a cargo de Chuches Amil, Antonio Luz e o o grupo ToKaide, así como tamén coa animación de DjTibu e atraccións e xogos para os máis pequenos. No capítulo gastronómico non faltarán as típicas viandas do masgosto: castañas asadas, chourizos, pan, bica e bebidas para todos os asistentes, que terán a entrada libre.

A Fundación Insua dos Poetas dedica esta xornada cultural e de ocio aos rapaces, co lema “cos nenos na lingua propia”, por iso o seu presidente, Luis González Tosar, afirma que non se trata do magosto tradicional senón que, ademáis da degustación dos produtos típicos desta festa, engádese unha compoñente cultural moi importante na que os nenos terán un protagonismo especial, e tamén actuacións musicais e actividades de ocio.

Trátase da primeira edición do Magosto na Insua dos Poetas, que nace con vocación de ter continuidade en anos sucesivos, aberto a todo o mundo, aínda que pensado especialmente para as familias e os nenos. Luis González Tosar invita a participar nesta xornada diferente que terá por escenario esta paraxe natural e cultural. 

Apúntate a nuestra newsletter

La Región redobla su apuesta con la actualidad e incrementa su cobertura informativa con sus nuevas newsletters. Lo único que tienes que hacer para recibirlas es suscribirte aquí de forma gratuita. Los lectores podrán recibir cada día a primera hora de la mañana una selección con los titulares de la jornada. Asimismo, cada noche podrán conocer las claves que nos deja la jornada en la provincia con el boletín nocturno.

Los apasionados al deporte también tienen espacio con la newsletter deportiva. Cada viernes, la sección de Deportes de La Región selecciona las citas imprescindibles del fin de semana en Ourense. Los miércoles, turno para el boletín del Xornal Escolar, donde se detallan toda la actualidad de los colegios de la provincia, la agenda de actividades o las opiniones de expertos.

 

Te puede interesar