O Irixo proxecta novas captacións de auga para varios núcleos

El alcalde y la conselleira de Medio Ambiente abordaron as diferentes propostas encamiñadas á posible creación de novas infraestruturas hidráulicas

O alcalde de Irixo, Manuel Penedo, trasladou á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, a importancia de contar con novos sistemas de captación de auga que garantan o abastecemento a determinados núcleos de poboación como A Costa, Frouces, A Ermida e Fabeiros, fundamentalmente durante o verán. Penedo plantexou esta petición durante o recente encontro que mantiveron para analizar as necesidades deste municipio en materia de saneamento e abastecemento.

Conxuntamente, ambos mandatarios abordaron as diferentes propostas encamiñadas á posible creación de novas infraestruturas hidráulicas, que permitirían mellorar as condicións de prestación deste servizo municipal. 

COMPROMISO

En consecuencia, durante a referida reunión a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, adquiriu o compromiso de estudar as posibles vías de colaboración co Concello de Irixo en materia de saneamento e abastecemento de auga. 

A titular do departamento autonómico é consciente das carencias deste concello en relación ao subministro de auga potable aos distintos núcleos de poboación. 

No encontro tamén participou o director xeral de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez.

Te puede interesar