MOCIÓNS

Irixo reúne o mércores un pleno ‘por imperativo legal'

<p></p>
photo_camera Unha das últimas sesións plenarias celebradas no Concello de Irixo

Na orde do día figuran trece mocións, oito delas presentadas polo PSOE, catro de Fai Irixo e unha do grupo Polos veciños

A Corporación municipal do Irixo celebrará mañá, día 11 de xaneiro, "por imperativo legal" un pleno extraordinario demandado pola oposición logo de que o alcalde, Manuel Penedo, non o convocara cando así se lle plantexou no a comezos de decembro. Os tres grupos da oposición -PSOE, Fai Irixo e Polos Veciños- solicitaron o 2 de decembro pasado un pleno extraordinario para debater as mocións que tiñan presentado e que aínda non se abordaran en sesión plenaria. O alcalde non chegou a convocalo e neste caso, a lei establece que "quedará automáticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ó da finalización do dito prazo, ás doce horas".

Polo tanto, o pleno celebrarase mañá, ás 12,00 horas e inclúe 13 puntos no orde do día, que está conformado por oito mocións presentadas polo PSOE, catro de Fai O Irixo e unha do Grupo Polos Veciños. Entre as mocións do PSOE, figura a proposta para rehabilitar o cruceiro de Orros e a protección e posta en valor do cruceiro da Rúa e da súa praza, na parroquia de Loureiro. Ademáis dunha moción con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que rexistrou o 2 de novembro, o grupo socialista tamén reclama a limpeza e reparación das humidades no centro escolar, a apertura dun centro de día, un recoñecemento público para a cooperativa de Loureiro e a organización de reunións informativas sobre as concentración parcelaria. Así mesmo, demanda a contratación de empresas do Irixo nas obras públicas do Concello e que se reforze con outra ambulancia o servizo de emerxencias do PAC do Carballiño, de quen depende O Irixo.

Pola súa parte, o grupo municipal Fai Irixo planteará la sesión plenaria catro mocións, que van desde a demanda do dragado do río Saviñao, á proposta de que a Xunta asuma os gastos de funcionamento e mantemento do centro de saúde, a creación de rutas de árbores e formacións vexetais singulares do Concello e que se adopten medidas para a prestación de axudas á mobilidade dentro do Concello.

O último punto da orde do día deste pleno extraordinario será a moción que presentou o grupo municipal de Polos Veciños, que reclama a creación no concello dunha escola taller agroalimentaria.

Te puede interesar