Entrevista

Laura Rodríguez: “Traballar na catedral permite ver con detalle a cantería doutra época"

_sabela1_result
photo_camera Laura Rodríguez Miranda, na cima da torre da Catedral, onde está traballando.

Convertirse en mestra canteira e tras cinco anos de formación. Ahora atopase traballando na restauración patrimonial na Catedral de Santiago.

Laura Rodríguez Miranda elexiu en 1981 convertirse en mestra canteira e tras cinco anos de formación, instalouse no Carballiño, co seu propio taller de cantería e escultura. Agora atópase nunha nova fase, traballando na restauración patrimonial e desde hai case un ano, na Catedral de Santiago.

Como se sinte ó participar na restauración dunha xoia arquitectónica como a Catedral de Santiago de Compostela?
Levo moitos anos na profesión e sempre vas buscando metas máis importantes. En outros momentos este traballo pareceríame máis complicado, pero hoxe xa non tanto. Son casualidades da vida que hai que aproveitar e traballar na Catedral vale a pena, porque ves con detalle o traballo de cantería e a escultura doutras épocas, por iso é moi interesante.

Pode ser unha aspiración importante para calquer profesional?
A maior parte da miña vida profesional traballei no meu propio taller e agora levo tres anos na restauración patrimonial. Xa fixen retablos e pintura mural, porque dispoño dun postgrado de restauración en pintura do Bispado, o que me permitiu traballar nos murais de San Martín Pinario e restaurando a fonte barroca, ademais da bóveda do Corpiño.

E en que consiste o seu traballo na Catedral?
Estiven restaurando o rosetón do Maestro Mateo e tamén o Pórtico e os ventanales. Estaba a entrar a humidade e atopábanse moi deteriorados. Agora estou na cúpula, na parte superior dunha torre, onde hai que esculpir novas pedras e tamén vaise facer unha cúpula nova que nós imos montar. Ademais estamos realizando unha limpeza mecánica e outra química e substituíndo as partes e pezas que non se poden recuperar, facendo inxertos cando é necesario.

Está moi deteriorada?
Si, unhas partes máis ca outras, está atacada polo mal da pedra, e entráballe moita auga, incluso a torre na que estou traballando agora, ten certa inclinación.

Canto tempo leva  na catedral?
Cerca dun ano, pero despois de montar a cúpula e restaurar a linterna, quedan máis cousas por facer. Podemos estar moitos meses, todo depende do que lle encarguen á empresa Murua de Antas de Ulla, para a que traballo.

É un traballo difícil?
É de precisión. Esixen que os acabados estean moi ben feitos, aínda que nos anos de profesión teño feito cousas máis complicadas en escultura. É de moita responsabilidade e a dirección de obra non quere fallos.

Terá acceso a aspectos da Catedral que o público non pode ver.
Estou alí sola na cima da torre e o que se ve é increíble. Tamén se descubriron unha especie de celdas entre o Pórtico e a Tribuna, e ademais, ves de preto as figuras e elementos ornamentais, con detalles curiosos e impresionantes. 
 

Te puede interesar