Lembranza do Chamoso Lamas ó cineasta José Luis Cuerda

Unha lembranza ao cineasta José Luis Cuerda e O Ribeiro protagonizarán a primeira xornada do XII Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que se celebrará o 7, 8 e 9 de outubro co lema “Valorización e Xestión do Patrimonio Cultural e Medioambiental”.

Serán 30 horas de congreso, no que haberá dúas conferencias, vintecinco ponencias e comunicacións, dúas mesas redondas-coloquios e seis proxeccións audiovisuais, así como unha visita guiada ao Museo Etnográfico Liste, á Fábrica do Papel da Lavandeira e ao Museo Etnográfico do Arenteiro. 

Participaron na súa presentación o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, e o presidente do centro de estudios, Carlos Rodríguez, así como os tamén directivos Alicia González e Ricardo Filloy e a integrante do colectivo e xerente da Bodega Pazo Tizón, Anitza Calzadilla.

Te puede interesar