Cinco locais de Carballiño ofrecen tapas exclusivas da Ruta de Inverno

La tapa del bar no se tiene que pelear con tu dieta.

O Carballiño ofrece catro novas xornadas da Ruta de Tapas de Inverno. Serán os venres 19 e 26 de xaneiro e 2 e 9 de febreiro, aínda que nesta ocasión participan tan só cinco locais da hostalería que presentarán outras tantas tapas exclusivas.

“Esta vez, cinco establecementos preparan tapas moi diferentes con produtos de tempada para facer do tapeo unha experiencia única”, sinalan desde o Concello do Carballiño, que invita a descubrir “a creatividade culinaria dos nosos chefs locais”; a reunirse cos amigos para disfrutar dunha tarde de sabores auténticos.

Así, o Fuchela ofrece a tapa de secreto ibérico á parrilla con salsa cazadora; Ernesto Patio Bar, potaxe de alubias vermellas; Bar Soldado, fabas con ameixas; Pituxo, bacallau ao forno con orella á prancha e Viños e Tapas a Praza, feijoada brasileña.

Cada local participante nesta ruta ofrece unha experiencia única, combinando sabores tradicionais con creatividade culinaria. Ademais, os clientes terán a oportunidade de gañar unha visita con maridaxe para 10 persoas ao Museo de Estrella Galicia.

Te puede interesar