Magros contará cun abastecemento renovado

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou por preto de 93.000 euros as obras de renovación da rede de abastecemento de auga no lugar de Magros, no concello de Beariz. As empresas interesadas neste proxecto poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de decembro.

Esta intervención enmárcase no convenio de colaboración asinado en xuño entre a Consellería e o Concello, no que se recolleron as actuacións necesarias para dotar dunha nova rede de abastecemento aos barrios de Aldea de Arriba e Aldea de Abaixo.

Segundo o convenio asinado cofinanciará a actuación nun 80%, ao tempo que asume a contratación da execución, dirección e xestión das obras, que contan cun prazo de execución de catro meses. O Concello de Beariz contribuirá aportando o 20% restante.

Te puede interesar