Máis de 20 veciños de Cea iniciaron as clases de ioga

. O Concello de San Cristovo de Cea imparte dende o pasado día 5 de xuño clases de ioga no Edificio Multiusos. A actividade tivo unha gran acollida entre a poboación do municipio,
tendo que establecer dous grupos (de 10 a 12 persoas cada un), que asistirán ás clases tódolos mércores de 20,30 a 22,00 horas. Esta iniciativa pasa a formar parte do abano de actividades para o tempo de ocio, que este Concello oferta de maneira permanente durante todo o ano como son: cachibol, ximnasia de mantemento, escola mixta de fútbol sala, pintura, coro, bolillos e clases de inglés, entroutras.

A práctica do ioga tamén se desenvolverá ó aire libre, no campo da Saleta, cando as condicións climatolóxias o permitan. As clases están sendo impartidas por María Victoria Montenegro, formada nesta disciplina na Escola Internacional de Ioga de Madrid.

Te puede interesar