O CARBALLIÑO

Máis de 4.000 espectadores no Festival de Teatro Galego

photo_camera A gala de entrega dos Premios Fetega 2014 celebrouse onte no Auditorio do Carballiño (MARTIÑO PINAL)

O espectáculo "Bye, Bye Honey" e os actores Rosa Álvarez e Celso Parada foron os premiados

A Asociación Cultural Fetega, organizadora do Festival de Teatro Galego, que se celebrou do 2 ó 5 de setembro, manifestaba a súa satisfacción pola afluencia de público, estimando durante os catro días entre os 4.000 e 4.500 espectadores, que asistiron ás representación en sala e ó aire libre. O coordinador, Xermán Tobío, declaraba que "baixou un pouco a asistencia en sala en relación co pasado ano, pero só foi un 10%, cando noutros festivais por mor da crise reduciuse ata un 50% ou 60%". Nese senso, sinalaba que "antes iban a tódolos espectáculos e agora seleccionan un ou dous días". Tobío destacou os novos escenarios desta edición, que foron o anfiteatro da Ceracruz e a Casa da Cultura, e tamén o feito de que asistiu xente de fora do Carballiño.

Onte celebrouse a gala de clausura onde se diron a coñecer os gañadores desta 25 edición. ‘Bye, bye honey’, da compañía teatral Obras

Públicas, dirixida por José Prieto e protagonizada polos actores César Goldi, Iolanda Muíños e Carlos Mosquera, conseguiu o Premio ao Mellor Espectáculo Teatral Fetega 2014. Este premio decidiuno como todos os anos o público coa súa votación en cada sesión. Durante a gala tamén se entregou o Premio á Mellor Actriz, salindo elexida Rosa Álvarez de Lagarta Lagarta, e o Premio ao Mellor Actor foi para Celso Parada de Teatro do Morcego.

Ademais, entregouse o Premio Honorífico a Xan Pinal, en recoñecemento por ser o creador do Festival de Teatro Galego no Carballiño fai 25 anos. Todos eles foron decisión de un xurado do festival e os premios consistiron nunha estatuiña deseñada especialmente para a ocasión polo escultor local Chicho Carballido. Coa gala de entrega de premios, conducida pola compañía de novo circo Pistacatro, e celebrada no Auditorio do Carballiño, concluiu o Fetega 2014, que este ano cumpriu o cuarto de século de vida e que durante catro días trouxo ao Carballiño dez espectáculos teatrais galegos para adultos e nenos, ademais de funcións de magos, obradoiros de malabares e instrumentos do mundo.

Te puede interesar