Os opositores ó proxecto 'esixen' á Xunta que clarifique a súa postura respecto da ubicación

Medio Ambiente agarda a que Industria valore Estela Eólica

Unha das mobilizacións en contra da iplanta. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A Consellería de Medio Ambiente fará o estudio de impacto ambiental do proxecto de Estela Eólica para a planta de tratamento de residuos de O Irixo unha vez que Industria otorgue a súa aprobación.
Este extremo foi confirmado dende o gabinete de prensa do departamento de Agustín Hernández, onde aseguran que 'non temos á nosa diposición o proxecto, aínda que sí temos coñecemento de que foi presentado en Industria'.As mismas fontes suliñaron que 'é Industria quen ten que analizalo e comprobar se as súas características adáptanse ó Plan de Residuos, antes de que Medio Ambiente tramite o informe ambiental'. Finalmente, reiteran que 'estamos traballando noutras opcións se a proposta de Estela Eólica non sae adiante'.

Por outra banda, os representantes das plataformas que se opoñen á ubicación da planta no Irixo apuntan que a Xunta 'está a confundir os veciños', xa que consideran que a presentación do proxecto por parte de Estela Eólica en Industria entra entra en contradicción coas declaracións feitas polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, sobre a posible non ubicación no citado municipio. Así, Adolfo Nogueira, voceiro da plataforma 'Incineradora non' e concelleiro do PSdeG no Carballiño, suliña que 'estamos ante unha clara maniobra de distracción por parte da Xunta para que non se fale da planta de lixo antes das eleccións autonómicas'. Engade que 'imos pedir ás autoridades autonómicas que aclaren se o proxecto vai ir ou non adiante'.

No mesmo sentido, Juan José Nogueira, presidente da coordenadora 'Incineradora no Irixo, non', apunta que 'sería unha boa noticia se fora certo' o posible cambio de ubicación da planta comentado por Hernández, 'pero confiamos en que sexa tan claro coma cando anunciou, o 5 de decembro de 2011, que se ía instalar no Irixo'.

Te puede interesar