Un monólogo de Tonhito de Poi clausura o Outono Teatral

A programación do Outono Teatral promovida pola Concellería de Cultura do Carballiño pecharase iste sábado coa actuación de Tonhito de Poi, antigo líder do grupo Herdeiros da Crus. O artista interpretará un 'Monólogo musicado' a partir das 21,00 horas no Auditorio municipal, fixándose un prezo de 2,50 euros para as entradas.
Dende o pasado 5 de novembro, e durante os sábados seguintes, a Rede de Teatros e Auditorios de Galicia ofreceu na vila do Arenteiro os espectáculos teatrais 'Tango' e 'O Florido Pensil', das compañías Sarabela e Emedous, respectivamente, e a actuación do Mago Rafa , que presentou 'O arte do imposible'.

Te puede interesar