O PP pide a paralización dos traballos pero o goberno di que só pretende bloquear as obras

O muro da Veracruz abre un conflicto político no Concello

Obras da praza que se está construindo no entorno da Veracruz. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os tres portavoces municipales do Concello do Carballiño reunironse onte para abordar o malestar que suscita entre a poboación a construcción dun muro de contención na praza da Veracruz, e acordaron instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, que executa as obras, a que veña a inspeccionar os traballos e observar o peche de considerable altura que reducirá a visión da igrexa en determinados ángulos.
Foi a petición do PP que se celebrou este encontro para solicitar da Administración autonómica a presenza no Carballiño de técnicos e responsables da consellería antes de que remate a presente semana.

Entretanto, o portavoz popular da oposición, Argimiro Marnotes, anunciou que tamén se instará á Xunta para que paralice os traballos, co fin de 'evitar que sexan feitos consumados, e que despois haxa que derribar o muro unha vez construido', sinalou o concelleiro.

Asemade, Marnotes engadiu que 'puidemos comprobar como en obras bastante inferiores a estas, ancheo de rúas, colocación de mobiliario en prazas, e semellantes, se convocan aos veciños porta por porta para presentarlles o proxecto do que se pretende facer ó pé das súas casas e nunha obra como esta, o Concello no foi quen de organizar unha exposición pública como se merece a actuación'.

Nese senso, presentaba na mañá de onte un escrito solicitando a convocatoria dunha reunión dos tres portavoces, que se producía posteriormente, pasado o mediodía. O grupo municipal do PP lembráballe ó goberno local, conformado polo PSdeG e BNG, que foron eles os únicos que presentaron alegacións ó proxecto e que nelas xa se facía referencia ó muro. 'Xa daquela falamos dese muro que contería terras e que a praza se faría na cota que hoxe ten a base do templo, o que non se chegou a detectar no seu día foi a considerable altura que alcanza nalgún punto', puntualizaba o edil, en resposta ás críticas do concelleiro de Urbanismo, Manuel Amil, no senso de que ninguén alegou contra a referida construcción.

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, declaró pola súa banda que 'os técnicos van vir a resolver as alegacións ó proxecto que aprobou o Concello e aproveitaremos para consultarlles o do muro, pero está claro que a intención do PP é a de paralizar unha vez máis as obras baseándose en aspectos técnicos que son competencia da Consellería de Infraestructuras e de Patrimonio'. Nese senso, engadiu o rexidor que 'de ningunha maneira imos consentir que se paren as obras, outra cousa é que os responsables autonómicos e os arquitectos consideren convinte facer unha modificación puntual para suprimir o muro'.

Para Carlos Montes, 'esta é unha nova maniobra para paralizar o proxecto e o PP é o menos indicado en falar do muro, cando pretendía facer un vial de 16 metros de ancho que finalmente quedou nos 11 por estar integrado na praza'. El alcalde considera que 'esto non é máis ca unha cuestión de estética na que non me vou a meter porque hai que ver a obra rematada para saber como queda'.

Te puede interesar