O Carballiño

Os nenos de Carballiño pedirán online os desexos ós Reis Magos

O Carballiño

Navidad

Os nenos de Carballiño pedirán online os desexos ós Reis Magos

Os Reis non serán recibidos este Nadal na Veracruz (C.R.).
photo_camera Os Reis non serán recibidos este Nadal na Veracruz (C.R.).

A área de Cultura do Concello do Carballiño traballa con varias  alternativas para que os nenos e as familias poidan contar coas tradicionais recepcións e saudacións de Papá Noel e Reis Magos sen perigo de contaxios do covid-19. Así, neste departamento municipal están deseñando un proxecto mediante o que os nenos poderán pedir os seus desexos a través dunha videochamada cunha previa inscrición online. No caso de que algunha familia non teña acceso a internet ou non conte con dispostivos para inscribirse ou realizar videochamadas, poderá facelo a través dunha pantalla electrónica que se facilitará á entrada dos domicilios ou casas correspondentes, segundo informan os responsables municipais.

Así mesmo, ultímase a adxudicación da iluminación artística do Nadal, que este ano ampliarase a máis rúas e prazas, e contará cunha especial para A Veracruz.