Ínsua dos Poetas

Nós volve ao Camiño

photo_camera A Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, foi escenario este 24 de xullo dunha representación teatral a cargo dun grupo de actores profesionais e dirixidos por Rosa Puga Dávila, sobre o camiño que realizaron a pé sete membros da Xeración Nós dende Ourense a Santiago de Compostela. Será ás 12,00 horas para celebrar o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez. A idea xurdiu do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927. 
Unha  representación teatral recorda o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez.

A Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, é o escenario dunha representación teatral a cargo dun grupo de actores profesionais e dirixidos por Rosa Puga Dávila, sobre o camiño que realizaron a pé sete membros da Xeración Nós dende Ourense a Santiago de Compostela. Celebran así o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez.

A idea xurdiu do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927. 

A representación céntrase na estancia dos peregrinos no Carballiño despois de recorrer a primeira etapa do camiño, escenificando as súas aventuras e o aloxamento no Hotel Carlos.

Te puede interesar