ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
A Insua dos Poetas, na Esgueva do Carballiño, será escenario este próximo 24 de xullo dunha representación teatral a cargo dun grupo de actores profesionais e dirixidos por Rosa Puga Dávila, sobre o camiño que realizaron a pé sete membros da Xeración Nós dende Ourense a Santiago de Compostela. Será ás 12,00 horas para celebrar o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez.
A idea xurdiu do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.
A representación céntrase na estancia dos peregrinos no Carballiño despois de recorrer a primeira etapa do camiño, escenificando as súas aventuras e o aloxamento no Hotel Carlos.
Luís González Tosar refírese precisamente a que reciben a visita da garda civil, montada a cabalo, que os identifica ante o insólito que era ver a un grupo de homes con cámaras e outros aparellos, e tendo en conta que os feitos sucederon en plena ditadura de Primo de Rivera. Tamén se cruzarán con arrieiros, que transportan os pelexos nas mulas en dirección a Santiago, mentres eles van recopilando datos sobre os elementos patrimoniais que atopan no Camiño Real da Idade Media, e seguindo a cartografía de Domingo Fontán que data de 1845.
Esta recreación teatral ten a particularidade de ser representada nun lugar polo que pasaron os camiñantes ó comezo da segunda etapa, moi preto da Ponte do Eixán límite entre os concellos do Carballiño e do Irixo.
“É un esforzo importante que se fai para poñer en valor este camiño”, sinala Luís González Tosar. O escritor lembra que se creou recentemente a Asociación de Concellos do Camiño de Nós, que preside o alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, e da que forma parte a Deputación de Ourense, ademáis dos municipios por onde pasaron os peregrinos: Ourense, Amoeiro, Maside, Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Boqueixón e Santiago de Compostela. En total, foron 105 quilómetros seguindo o Camiño Real polas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña. O obxectivo da entidade é que a Xunta de Galicia declare oficialmente esta ruta como itinerario cultural.
A entrada a esta representación é libre e os interesados en participar no xantar que haberá ao rematar teñen ó seu dispor os tickets no Café Restaurante Rei de Copas e no Concello do Irixo
As crónicas da viaxe, acompañadas doutras testemuñas documentais e de fotografías, reuníronse no libro titulado “O Camiño de Nós”, editado por Luís González Tosar en 2020 e patrocinado pola Deputación de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ADMITE LOS HECHOS
Condenado en Ourense por un incendio iniciado por una quema agrícola
100 METROS CUADRADOS
Santa Mariña contará con una nueva excavación
MÁS DE 30.000 EUROS
Mejoras en la red de suministro de Toscaña
Lo último
Jacinto Seara
¿Podemos gastar nuestro dinero como queremos?
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 5 de mayo
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Aumentar la liquidez
Jenaro Castro
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Otra vez se vuelve a hablar del Festival del Miño